1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA -Colegio de Vigo-
Publicado: Vie May 09, 2008 1:50 pm
Las bases están en Gallego pero se entienden bien.
Los colegiados Gallegos y estudiantes de "A Farixa" aún estais a tiempo
Los colegiados Gallegos y estudiantes de "A Farixa" aún estais a tiempo
Fuente: http://www.delineantesvigo.com/1. Participantes.
Poderán participar todos os colexiados da Comunidade Autónoma de Galicia, e os alumnos do IFP de "A Farixa", matriculados na rama de Técnicos Superiores Proxectistas.
2. Tema.
As fotografías deberán versar sobre unha situación ou circunstancia que consiga expresar con especial sensibilidade e habilidade a realidade do tema elexido.
O tema das imaxes será "ambientes urbanos".
As fotografías deberán adecuarse ó tema e contidos do concurso.
O xurado resérvase o dereito de aceptación das obras, segundo se adecuen ou non á temática do concurso.
3. Condicións de presentación.
A técnica será libre, podendo ser fotografías monocromo ou a color, as cales deberán presentarse en papel fotográfico normal (sen montaxe nin reforzos sobre cartolina, cortadas a sangre sen ningunha clase ou tipo de marxe, orla ou recadro no papel fotográfico). As fotos deberán presentar na súa parte posterior a numeración e un lema común.
Así mesmo presentarase en soporte CD-ROM o formato dixital das fotografías presentadas.
O formato terá un tamaño mínimo 24x30 cm e máximo 30 x 40 cm.
4. Número de traballos.
Cada participante poderá concursar cun máximo de ata cinco fotografías.
5. Recepción das obras.
Para concursar remitiranse as fotos nun sobre pechado e cun lema ou pseudónimo no exterior, identificando o seu contido, e noutro sobre aparte consignará os datos persoais (nome, dirección, teléfono, fotocopia do DNI e declaración xurada que a obra é orixinal, inédita e nunca presentada a concurso) e presentará no exterior o mesmo lema e a identificación do seu contido. Ambos sobres, dentro doutro sobre, enviaranse ou entregaranse na sede do Colexio Profesional de Delineantes e Técnicos Superiores Proxectistas de Ourense, rúa Capitán Eloy, nº 26 - 2º E - 32004 Ourense
6. Prazo de admisión.
Do 10 de marzo ó 31 de maio de 2008
7. Xurado
Presidente: Santiago Sotelino Nogueira - Decano do Colexio Profesional de Delineantes e Técnicos Superiores Proxectistas de Ourense
Vocais: Tomás Vega Pato, Saturnino Rego Villar-Amor, Arturo Fernández Araujo - Fotógrafos de recoñecido prextixio.
8. Selección e resolución do xurado.
Das obras recibidas en prazo, o xurado seleccionará as obras que se adecúen á temática do concurso, procedendo á devolución dos traballos non seleccionados.
9. Exposición das obras seleccionadas.
As obras seleccionadas serán expostas nunha sala que se concretará e en data que está por determinar, datos que se comunicarán con antelación ós concursantes.
10. Premios
1º Premio: 400 Euros. Agasallos varios
2º Premio: 200 Euros. Agasallos varios
3º Premio: 100 Euros. Agasallos varios
3 Accésit: Dotación de libros
11. Recollida de premios
Ós autores premiados comunicaráselles por correo electrónico, telefóno ou correo postal a resolución do xurado, nun prazo non superior a dez días. Asi mesmo notificaráselles o lugar e a data do acto de entrega de premios.
12. Aceptación das bases.
A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das súas bases.